Hoxe tivemos a sorte de ter connosco a Norberto Fernández, quen nos veu falar do seu cómic O báculo de Daghdha.
Logo dunha interesantísima e moi amena exposición sobre como se xestou a obra, contarnos todos os procesos polos que pasou e resolver unhas cantas dúbidas, rematamos facendo entre todos os dous personaxes que se ven nas fotos.
Ao final fíxosenos curto pero pasámolo xenial. Moi recomendable!!