martes, 10 de abril de 2018

Coraline

Onte tivemos a reunión do club de lectura, na que realizamos un debate sobre varios aspectos da obra de Neil Gaiman, Coraline

Primeiro falamos sobre o papel que xogan tanto pais como fillos dentro da familia e da sociedade en xeral, relacionado sempre co que sucede na obra. A continuación realizamos o visionado da película de Henry Selick, Los mundos de Coraline, basada na novela. Ao rematar, establecemos as múltiples diferencias que existen entre a obra escrita e a audiovisual.

Finalmente repartimos a seguinte lectura para a próxima sesión: O Principiño



lunes, 19 de febrero de 2018

"O báculo de Daghdha" de Norberto Fernández

Hoxe tivemos a sorte de ter connosco a Norberto Fernández, quen nos veu falar do seu cómic O báculo de Daghdha

Logo dunha interesantísima e moi amena exposición sobre como se xestou a obra, contarnos todos os procesos polos que pasou e resolver unhas cantas dúbidas, rematamos facendo entre todos os dous personaxes que se ven nas fotos.

Ao final fíxosenos curto pero pasámolo xenial. Moi recomendable!!




lunes, 12 de febrero de 2018

Actualización de necesidade!

Bos días a todas e todos!

Xa levabamos un tempiño sen actualizar o blog, e iso non pode ser. Estivemos informando moito desde a conta de Instagram @lectoresnaraia e deixamos isto un pouquiño de lado.

Despois do Nadal, quedamos o día 15 de xaneiro: as obras a tratar nesta sesión foron A sombra descalza de An Alfaya e Kafka y la muñeca viajera de Jordi Sierra i Fabra.


Comezamos realizando unha árbore xenealóxica de A sombra descalza, e continuamos falando da obra de Sierra i Fabra e dos lugares polos que viaxou a boneca, marcándoos nun mapamundi. Logo xogamos ao Kahoot tanto dunha como doutra, foi moi divertido.


Agora o luns da próxima semana, o 19 de febreiro, vai visitarnos Norberto Fernández, autor de O báculo de Daghdha, o cómic que se propuxo para este mes. Así que xa vos iremos contando.

Un saúdo!!!