miércoles, 17 de mayo de 2017

Día das Letras Galegas e pequenos grandes plans para o mes que nos queda.

O luns 15 de maio os lectores e lectoras na raia reunímonos na Bibliotrega para falarmos de como vai a nosa lectura de El coleccionista de relojes extraordinarios, que parece que está a ser un éxito, e dalgunhas cousiñas grandes e pequenas que estamos argallando para o próximo mes de xuño e que desvelaremos en canto as aseguremos.
Ademais, aproveitando que faltaban dous días para a celebración do Día das Letras Galegos, fixemos un pequeno mural fotográfico sobre Carlos Casares e a súa obra. Pasamos un bo rato e aprendemos algunha cousiña sobre o autor ourensán.


viernes, 5 de mayo de 2017

Vaiche boa!

O luns 24 de abril os lectores e lectoras "Na raia" reunímonos para falar da nosa última lectura, a compilación de relatos humorísticos do autor australiano Paul Jennings, publicada en galego por Galaxia Vaiche boa!
En xeral o libro tivo unha boa acollida no club, apetecía ler algo de humor e o certo é que os contos de Jennings non andan faltos del. Non houbo acordo sobre cal foi a mellor das historias: que se a do esquelete no baño, que se a da crema de bosta de vaca, a historia dos ósos misteriosos... Animávosvos a lelo e decidir por vós mesmos.





Ao saber que a editorial Galaxia ten outro libro de relatos do mesmo autor, algúns dos membros do club propuxeron mercalo para a Bibliotrega, e xa están dous exemplares a disposición de todos e todas vós. O libro titúlase Que desfeita!, e parece que tamén asegura botar unhas boas risas.





Por último, decidimos a que será a nosa próxima lectura. A votación estivo moi disputada, pero finalmente a obra gañadora foi a novela xuvenil de misterio El coleccionista de relojes extraordinarios, da autora valenciana Laura Gallego, autora de historias coma a triloxía de Memorias de Idhun ou novelas coma Donde los árboles cantan, La leyenda del rey errante, La emperatriz de los etéreos, etc. Esperamos que esta novela nos guste a todos e todas os que formamos o club de lectura "Na raia".



A segunda obra máis votada foi Coraline, de
Neil Gaiman. Coma non tiñamos ningún exemplar na Bibliotrega os lectores e lectoras "Na raia" decidiron utilizar os fondos dos que dispón o club para mercar dous exemplares da novela e un da película de animación que se fixo sobre esta historia de terror. Estarán a disposición de todos e todas na biblioteca.