martes, 21 de marzo de 2017

Encontro coas historias de Ana Alcolea

Onte, 20 de marzo, os lectores "na raia" reunímonos para falar das dúas obras de Ana Alcolea que limos: El medallón perdido e El retrato de Carlota. Comezamos na Bibliotrega falando sobre os libros e compartindo unha sobremesa de biscoito de chocolate caseiro, e logo trasladámonos á aula de informática para repasar os libros dunha forma algo distinta: un pequeno concurso na rede sobre as dúas historias. Botamos unhas risas e compartimos o que sabiamos sobre as novelas. Pasamos un rato ben bo con dúas novelas que, en xeral, todos desfrutamos moitos: aventuras, amizade, amor, viaxes... Dous libros ben completiños.


No noso próximo encontro compartiremos impresións sobre a lectura que estamos a facer agora mesmo: Vaiche boa! de Paul Jennings. Algúns dos membros do club xa comezaron a meterlle o dente, e parece que vai ser todo un éxito!!

sábado, 18 de marzo de 2017

Estamos de volta


Resultado de imagen de el medallon perdido el retrato de carlota portadasResultado de imagen de el medallon perdido el retrato de carlota portadas

Boas, lectores "na raia".
Tras un pequeno paréntese por causa de forza maior, este próximo luns 20 de febreiro reunirémonos para falar sobre os libros que temos pendentes, porque non houbo reunións estes dous meses, pero si que continuamos lendo. Encontrarémonos con Ana Alcolea e as súas obras El retrato de Carlota e El medallón perdido. Preparádevos, vai ser un encontro con sorpresiñas...