martes, 7 de febrero de 2017

Novo ano, novas lecturas

As vacacións remataron e os lectores na raia aproveitámolas para darlle fin á nosa lectura pendiente: Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. Estas son algunhas das palabras que, segundo os nosos lectores e lectores resumirían a súa impresión sobre a novela:

Terror, misterio, sangue, inquedanza, 
arrepíos, monstro, medo, amizade.....

En xeral a historia gustounos a todos e todas, aínda que houbo quen se perdeu un chisco nalgún momento, pero entre todos deixamos claras as dúbidas. Houbo unha opinión que todos compartimos: o recurso do gravado e os seus misteriosos cambios paraceunos todo un acerto, ben aterrador sen dúbida. No que tamén estiveron de acordo a maioría dos xoves lectores/as foi en que eles non terían esperado tanto para abrir o sobre do inicio, e menos despois da carta que acompañaba!!



Tamén aproveitamos a xuntanza para botarlle un ollo á versión en banda deseñada que fixeron da historia o propio Fernández Paz e Miguelanxo Prado, e algún membro do clube ten a intención de lela.













Por último, fixémonos co noso exemplar da que será a nosa próxima lectura. Aproveitando que Ana Alcolea visita o noso centro, imos ler unha das súas novelas, a escoller entre El retrato de Carlota e El medallón perdido. Non conseguimos poñernos todos e todas de acordo! Agardamos que esta nosa próxima lectura sexa do agrado de todos os lectores e lectoras na raia. 








1 comentario:

  1. El libro Cartas de Inverno me gusto mucho. Da miedo, a si que yo no te recomendaría leerlo por la noche.

    PD: Ganamos en Kahoot!

    ResponderEliminar